lunes, 1 de julio de 2013

O cheff danés René Redzepi, considerado entre os mellores do mundo, sinala á variedade Godello como unha das súas predilectas.



René Redzepi, copropietario e Cheff de Noma -considerado o mellor restaurante do mundo en 2010, 2011 e 2012, e actualmente segundo en valoracións detrás de Can Roca - declara á variedade autóctona de Valdeorras, a Godello, como unha das súas grandes preferencias.

"Es galego?, os de godello son uns dos meus viños favoritos", así saudaba René a Gabriel Fraga, xornalista a quen concedeu unha zumenta entrevista da que se fai eco o diario La Voz de Galicia.

Cun expediente académico non moi brillante, Redzepi decidiu adicar toda a súa atención á cociña e, tras pasar por algúns dos máis importantes centros de restauración a nivel mundial como o Bulli e The French Laundry en California, propuxose a abrir en Copenhague,  a súa Dinamarca natal no ano 2004 e contando apenas 30 anos, un restaurante que deu - e seguro dará - moito e moi bo de que falar: NOMA.

Utilizando só os produtos autóctonos dunha fría pero xigantesca rexión totalmente descoñecida para o mundo da gastronomía e co desafío de elaborar pratos a partir deses produtos frescos e de tempada, René Redzepi conseguiu o éxito internacional sendo valorado como un dos mellores Cheffs do mundo, feito que ratifican os premios internacionais que sinalan a NOMA como o mellor restaurante do mundo en 2010, 2011 e 2012 segundo o prestixioso criterio de S. Pellegrino & Acqua Panna.


Para facer referencia á relación deste prestixioso cheff con Galicia e os seus viños, centrámonos nas palabras concedidas a Gabriel Fraga para La Voz de Galicia:

"- Que foi o que lle impulsou a viaxar a Galicia?

- Fomos especificamente a catar viños, así que estivemos principalmente na área das Rías Baixas. Lembro esas pequenas aldeas e as señoras nos lavadoiros, coma se a paisaxe e as súas xentes fosen alleas ao paso do tempo. Visitamos lugares preciosos, de feito lembroume a Macedonia, a terra da miña familia paterna.

- E os viños? Que lle pareceron?

- Xa coñecía o Albariño, pero realmente iamos en busca de algo diferente. Entón topámonos co Godello, unha uva que non coñeciamos pero que, a día de hoxe, é unha das miñas variedades favoritas. Encántame o punto de acidez, o equilibrio e o sabor afroitado do Godello. Tivémolo moitas veces na lista de viños de Noma ... "

Esta valoración únese ás xa verquidas polo portugués Manuel Louzada - enólogo 100 Puntos Parker en 2004 -, o neoyorkino Eric Asimov - crítico de viños de The New York Times - e a inglesa Jancis Robinson -crítica de viños de The Times e asesora das adegas da Raíña Isabel II de Inglaterra - onde se encumia a calidade, diferenciación e exclusividade da variedade vinícola autóctona de Valdeorras, o Godello.


Para todos o que desexedes probar esta variedade - pero non só un viño,  se non todos -, desde A nai do viño convidámosvos a asistir á próxima feira do viño  que se celebrará os días 13 e 14 de Xullo na Rúa de Valdeorras.

Porque todos estes grandes críticos non poden estar errados ... agardámosvos en Valdeorras!







No hay comentarios:

Publicar un comentario