jueves, 2 de agosto de 2012

A XV Feira do viño DO Valdeorras celebrarase o 11 e 12 de Agosto

Confírmanse as datas de celebración da XV edición da Feira do viño de DO Valdeorras os próximos 11 e 12 de agosto.

Un ano máis a ribeira do Sil, na area recreativa do Aguillón situada na localidade da Rúa, acollerá a XV edición da Feira do viño de Valdeorras.

Despois da prolífica acollida recibida tanto a nivel nacional como internacional polos viños pertencentes á DO Valdeorras, chega o momento de presentar as excelencias destes caldos dentro do seu máis pura esencia transmitida pola terra, Valdeorras.

 Cun amplío e nutrido programa de actos, a DO Valdeorras propón dar a coñecer, un ano máis, a evolución duns dos máis prestixiosos viños no panorama vinícola internacional.

Se desde Estados Unidos a Rusia, atravesando Europa e sentado sólidas bases no continente asiático, os viños DO Valdeorras empezan a coñecerse co sobrenome da "Revolución enolóxica do Século XXI", vas perderte a oportunidade de vivir en primeira persoa a posibilidade de gozar da súa calidade nun marco de incomparable beleza?

Nos próximos días, dende Un universo en cada botella e A nai do viño, irémosvos ofrecendo máis datos sobre o programa de Feira, as adegas participantes, as ofertas lúdicas da zona e un gran número de iniciativas para que vos animedes a gozar destes caldos como máxima expresión e reflexo dunha terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario